O Regulamento municipal regulador do sistema interno de información obriga a implementación dunha canle de denuncias interna, ademais de prever a protección ao denunciante no Concello de Poio.
Está aberta dende o día 12 de xaneiro de 2024, unha fase consulta e participación no expediente do regulamento municipal regulador do sistema interno de información para dar audiencia á cidadanía e recabar as achegas de opinión feitas pola veciñanza, e representantes de colectivos e entidades municipais durante trinta días hábiles.
As canles de denuncias internas son consideradas como unha ferramenta eficaz para a loita contra a corrupción, tendo en conta que quen queira denunciar sobre unha irregularidade no seo dunha administración pública non terá que recorrer a canles externas.
+ info A TÚA VOZ CONTA