É un edificio rehabilitado que no andar superior acolle a Biblioteca Municipal de Poio, con empréstimo a domicilio, sala de lectura, punto de acceso a Internet. No andar baixo dispón de aulas de usos múltiples, que alberga a Escola de Acordeóns, empregadas en obradoiros e dotadas con materiais e elementos necesarios para a docencia musical. Inclúe unha zona de almacenaxe e patio exterior.