Edificio de dous andares. Conta cunha aula de informática, unha biblioteca, unha sala de reunións, un salón de actos, unha aula de usos múltiples e dúas oficinas. Dispón dunha cuberta exterior con vistas á ría e zona deportiva e de xogo próxima. O local sociocultural é un punto de encontro para a veciñanza. É tamén un lugar para o desenvolvemento de actividades diversas programadas.