Menú Cerrar
Concello

Ábrese o prazo de información pública tras a aprobación inicial do Regulamento de Participación Cidadá

05/08/2022 - 19/09/2022
Poio, do 5-8-2022 ao 19-09-2022.

Despois da aprobación inicial do proxecto de Regulamento de Participación Cidadá polo Pleno na sesión do 26 de xullo de 2022, e trala publicación no Boletín Oficial da Provincia, a partir do 5 de agosto ábrese o prazo de información pública do documento durante trinta días hábiles, período durante o que as persoas interesadas e as entidades locais poderán presentar as reclamacións e suxestións que estimen por oportunas.

O Regulamento de Participación Cidadá é o documento que permitirá establecer canles efectivas de participación e constituír os órganos consultivos e de representación para a participación activa da veciñanza nas cuestións de interese para as entidades e a poboación do municipio de Poio.

Pódese acceder á publicación no Portal de Transparencia do Concello de Poio, sección 9.Normativa, apartado 9.1.1. Normativa en fase de información pública.

As achegas, suxestións e reclamacións ao documento poden realizarse a través de instancia xeral  no Rexistro Municipal.

Etiquetas: asociacións
“Bolillos” no espazo municipal Xaime Illa