Ata o próximo 31 de agosto de 2022, as oficinas de Turismo Combarro e Turismo Ferreirós, acollen a exposición “FOTOPERIODISMO. COMBARRO NA PRENSA LOCAL”, que mostra unha escolma dos traballos dos profesionais de Diario de Pontevedra, Pontevedra Viva, Faro de Vigo e La Voz de Galicia.
Esta mostra de fotografías da vila mariñeira estará exposta simultáneamente nas oficinas de información turística, sitas nos espazos municipais de O Campo e Ferreirós. É de acceso libre e gratuíto para toda a familia no horario de atención destas oficinas.
A iniciativa, organizada pola Asociación A Solaina e a Concellaría de Turismo do Concello de Poio, enmárcase na conmemoración do 50 aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico Artístico.