Menú Cerrar
Campaña Poio Planta Cara

Poio Planta Cara, A Pé de Rúa

22/11/2022 - 30/12/2022
Avenida Domingo Fontan, 4 -/ A Barca- San Salvador 36163

 

Libres de Violencia de Xénero. Participación na campaña Poio Planta Cara á Violencia Machista. 25 N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

As asociacións do Consello Municipal da Muller de Poio, xunto a Concellería de Igualdade e ao Cim de Poio, son parte fundamental da campaña Poio Planta Cara para reivindicar unha sociedade igualitaria e libre de violencia sobre as mulleres. Coa mostra A Pé de Rúa denuncian o grave problema social da violencia de xénero. As imaxes artísticas realizadas por AV O Bao, AV Lourido, AV A Laxe de Raxó, AMM Airiños do Mar, AMM Mulleres en Igualdade, Mulleres Progresistas de Poio e AC Mulleres do Mar.

A mostra pode verse nos mupis de Poio, na Praza do Concello no Domo de Domos del Sol, e poderá verse tamén no inicio da Andaina Paso a Paso o domingo 27 de novembro en Lourido. O soporte da exposición, o domo, é unha estrutura sostible e respectuosa co entorno, como a sociedade á que aspiramos: sostible, inclusiva, respectuosa, igualitaria e xusta para mulleres e homes. Móstranse algúns dos motivos e  situacións diversas en imaxes (#LightPainting),  polos que é urxente e necesario poñer solución á violencia sobre as mulleres e erradicar os comportamentos machistas, discriminatorios e violentos da nosa sociedade.

Nesta campaña, con motivo do 25 de  novembro, a Concellaría de Igualdade e o CIM de Poio fan un chamamento ao conxunto da cidadanía. Destaca a implicación e a grande participación dos colectivos e asociacións de Poio, posicionándose a prol da igualdade. Co hastag #PoioPlantaCara comparten nas súas redes sociais mensaxes e imaxes para contribuír a eliminar a violencia de xénero do noso entorno.
#PoioPlantaCara
#OConselloMunicipaldaMullerPlantaCara
#25NPoio
@cimpoio

Actívase o Consello de Participación Veciñal