Menu Close
Espazo Municipal de Campelo Concello de Poio

Programa Saudemente no Espazo Municipal Social Campelo

04/10/2022 - 01/07/2023

No Espazo Municipal Social Campelo novo curso do Programa Saudemente

Clases de memoria e ximnasia para maiores de 60 anos

O Programa Saudemente, para maiores de 60 anos, inicia un novo curso da man da Concellería de Benestar Social. Cada clase consta de dúas partes, unha adicada ao coidado da memoria e outra de preparación física (ximnasia), mantendo o seu formato habitual.

En San Xoán, terá lugar no espazo Centro Social Campelo, sito en Rúa Pedro Soto Couselo 5, Lc-3 Campelo (San Xoán), que forma parte da Rede de Espazos Municipais (REM) os martes e xoves en horario de tarde de outubro a xuño.

Martes : 17:30 a 19:30 horas

Xoves :17:30 a 19:30 horas

Inscrición:

Por teléfono: 986 872 401 // 986 770 001 – ext. 1400

De luns a venres de 08:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 h.

Comezo: 04 de outubro de 2022.

Actividade bonificada polo Concello de Poio.

Prezo: 10 euros /mes (pago a través de conta bancaria)

 

  • Contacto: Concellería de Benestar Social Poio
  • Teléfono: 986 872 401
Programa Saudemente no Espazo Municipal O Campo