O Consello Municipal de Participación Cidadá é un órgano consultivo e de representación veciñal para a participación activa da veciñanza nas cuestións de interese para as entidades asociativas do municipio de Poio.
Está aberta dende o día 13 de xuño, unha fase de de participación no “proxecto de regulamento de participación cidadá” para dar audiencia á cidadanía e recabar cantas achegas adicionais podan facerse por parte da veciñanza, representantes de colectivos e entidades municipais durante quince días hábiles.