Menú Cerrar
Visitas a Tambo para asociacións

Visitas a Illa de Tambo para asociacións

13/08/2022 - 31/12/2022
Poio

Nesta primeira etapa dende que está xestionada polo Concello de Poio, as visitas á Illa de Tambo para asociacións  xa están dispoñibles para este verán. As Concellarías de Turismo e Promoción Económica presentaron a programación de visitas guiadas para coñecer a illa de Tambo nas rutas en barco con saída dende o Porto de Combarro.

O procedemento para visitar a illa farase en dúas modalidades. Un formulario para solicitar autorizacion individual e participar nas visitas regulares establecidas. Para as asociacións interesadas en organizar unha excursión a Tambo co seu colectivo, teñen a disposición o formulario para asociacións: Visita Tambo – Asociacións. Tamén está dispoñible na portada da web participaenpoio.gal

As datas para as visitas a Tambo para asociacións non están limitadas, así que animamos a solicitar data para organizar unha visita e coñecer a illa de Tambo.  Contén un patrimonio con tanta historia, patrimonio cultural, atributos paisaxísticos e naturais que hai que descubrir e conservar.

Unha historia por descubrir

Durante décadas permaneceu inaccesible baixo a xestión do Ministerio de Defensa. Xa desfectada para usos militares, agora é posible coñecer as ruínas do Lazareto, a ermida de San Miguel, o polvorín, o faro de Tenlo e espazos naturais singulares. As visitas teñen unha duración aproximada de tres horas de duración. O percorrido de dous kilómetros transcorre pola senda perimetral. Amosa impresionantes panorámicas que fan da illa un miradoiro de 360º no corazón da Ría de Pontevedra.

Tambo conta cunha superficie de 28 hectáreas. Ten forma ovalada e un perfil case piramidal. Alcanza unha altura máxima de 80 metros sobre o nivel do mar no cumio de San Fagundo. Ao sur existe unha pequena península onde se sitúa o faro de Tenlo. Con 18 metros de altura, a torre sitúase nunha base a 17 metros sobre o nivel do mar.

Na área de participación veciñal estamos coma sempre á vosa disposición. Contactade co departamento municipal e resolver calquera dúbida ou consulta antes da organización das excursións.

A Asociación Amigos da Canceira visita o Espazo Concilia