Menú Cerrar
Canceira de Poio visita Espazo Concilia

A Asociación Amigos da Canceira visita o Espazo Concilia

Rúa Domingo Fontán nº 4 - A Barca - Poio 36005

• A asociación Amigos da Canceira visita o Espazo Concilia. Voluntarias deste colectivo realizaron unha actividade na ludoteca da Concellaría de Igualdade. Os nenos e nenas falaron con elas sobre a necesidade dun coidado axeitado aos animais domésticos e evitar os abandonos.

• A concelleira de Igualdade e Participación Veciñal, Silvia Díaz, destaca a labor do voluntariado e da asociación. Salientou tamén a importancia de dar a coñecer valores de responsabilidade e constancia dende a infancia.

Canceira de Poio visita Espazo Concilia
A Asociación da Canceira visita o Espazo Concilia

As nenas e nenos inscritas no Espazo Concilia, organizado pola Concellería de Igualdade e o CIM para favorecer a conciliación laboral e familiar, recibiron este mércores unha visita moi especial: George, tamén coñecido como Giorgi, que leva varias semanas na Canceira municipal, acompañou ás voluntarias da Asociación Amigos da Canceira de Poio ata a Casa Rosada, lugar onde se desenvolve este verán e ata o inicio do curso escolar o Espazo Concilia. A inscrición continúa aberta no Centro de Información á Muller para inscribirse na quenda de setembro, que se desenvolverá ata o día 7.

Na mañá de hoxe, a Asociación Amigos da Canceira de Poio realizaron unha actividade onde as nenas e nenos participantes tiveron oportunidade de afondar na importancia do benestar animal. As voluntarias da asociación explicaron que é a adopción responsable. Falaron tamén da necesidade de erradicar o abandono de mascotas. Para coñecer máis sobre o traballo da Asociación Amigos da Canceira, a información está dispoñible no seu blog FOGARCAN.

Silvia Díaz participou nesta sesión xunto coas técnicas do CIM. Lembrou que “ademais da conciliación laboral, no Espazo Concilia tamén traballamos para educar nos valores da igualdade real entre mulleres e homes, a solidariedade e o respecto ao medio ambiente”.

A concellaría de Igualdade e o CIM de Poio agradeceron a colaboración da asociación. Amigos da Canceira de Poio conta con experiencia concienciando sobre o coidado de animais de compañía, e atendendo aos cans que son abandonados. A responsable e as técnicas de Igualdade destacaron “a labor fundamental que desempeña a asociación. Non só á hora de atender aos animais que se recollen e chegan á canceira, senón tamén con campañas de sensibilización. O obxectivo é conseguir que Poio sexa un municipio libre de abandono de animais”.

  • Organiza: Asociación Amigos da Canceira
Coñece a Illa de Tambo. Descúbrea este verán desde Combarro