Menu Close

40 Semana Cultural do Ateneo Corredoira: “Melodías e movemento”

12/08/2022 - 21/08/2022
Combarro

Celébrase a 40 Semana Cultural San Roque 2022 “Melodías e movemento”,

Pregón. Combarro, venres 12 agosto, ás 21:00 horas

A 40 edición da Semana Cultural de San Roque organizada pola Asociación Ateneo Corredoira de Combarro chegou este 12 de agosto ás rúas, prazas e espazos de Combarro cunha proposta ampla de eventos e actividades culturais e lúdicas.

O venres 12 de agosto,  tras o pregón -a cargo da combarresa Loli Castiñeira Casal na Praza de San Roque–  que iniciará as celebracións, terá lugar a apertura da mostra “O Mar, fonte de Vida”.

A programación  inclúe animación de rúa, obradoiros de debuxo, percusión e manualidades, música tradicional, cantos de taberna, contacontos, maxia, queimada popular, actuacións musicais, a Festa do Mexillón e actividades para público de todas as idades.

Sábado, 13 de agosto

Pola mañá na Praza San Roque, Debuarte

A tardiña, na Praza de Chousa, obradoiro Ecopercusión

Pola noite, na Praza do Padrón, concerto musical.

Festa do Mexillón, domingo 14  e lúns 15 de agosto.

A Festa do Mexillón celébrase na Praza de Chousa, o domingo 14 e o luns 15 de agosto, onde se poderá degustar este produto en todas as súas elaboracións.

Á tardiña do luns 15 terá lugar a singular baixada da Virxe de Gracia da súa ermida na Renda (Xuviño-Combarro) para acompañar a San Roque, patrón de Combarro, na súa festividade o día 16 de agosto, coa procesión que será amenizada pola Agrupación de Música Tradicional Vides Novas.

Festividade do patrón San Roque, 16 de agosto.

O martes 16, pasarrúas coas agrupacións folclóricas Vides Novas e a Escola de Música Tradicional  e banda de música para a celebración de San Roque, patrón de Combarro.

Festividade de San Antón e Festa do Can, mércores 17 de agosto.

O mércores 17, na festividade de San Antón, ás 20:00 horas a procesión realizará a subida (regreso) da Virxe da Renda á súa ermida do Xuviño, e ás 21:00 celebrarase a Festa do Can (de San Roque).

Pola noite, na Praza de Chousa terá lugar a verbena  popular coa orquestra Ritmo Joven.

Xoves, 18 de agosto

Tarde de tarabelos e contos na Praza San Roque. e tarde de maxia.

Pola noite, na Praza de Chousa actuación musical.

Venres, 19 agosto

Obradoiros de abalarios, collares e reciclaxe.

Na Praza de Chousa actuación de agrupación folclórica Trompos os Pés.

Pola Noite, na Praza do Padrón actuación musical.

Sábado, 20 de agosto

Pola tarde, na Praza de Chousa, parque infantil con inchables.

Ás 17:00, dende o Porto de Combarro, visita cultural guiada a Illa de Tambo.

Pola noitiña, na Praza de Chousa espectáculo musical.

Domingo, 21 de agosto

Pola mañá, animación polas rúas da man da batucada Os Queimatasas.

Pola tarde, na Praza de Chousa, Festa da escuma.

Pola noite, na Praza San Roque, actuación musical

Poden consultarse todos os eventos, actuacións e actividades na programación de Combarro, 40 Semana Cultural da Asociación Cultural Ateneo Corredoira.

 

  • Contacto: Asociación Cultural Ateneo Corredoira
Tags: asociacións
Combarro mariñeiro. Exposición “O mar fonte de vida”