Menú Cerrar
"O mar fonte de vida"

Combarro mariñeiro. Exposición “O mar fonte de vida”

10/08/2022 - 21/08/2022
Carreiro do Campo, 17 36993 COMBARRO

O Espazo Municipal do Campo  (REM) acolle a exposición “O Mar, fonte de vida”, da asociación cultural  Ateneo Corredoira de Combarro.

A mostra, enmarcase na celebración da 40 semana cultural San Roque 2022, “Melodías e Movemento”, é un percorrido polas obras artesanais de Vicente Pérez, e ten como referencia o mar como orixe e fonte de inspiración.

A exposición poderá visitarse ata o 21 de agosto no horario da oficina de Turismo de Combarro.

Forma parte dunha máis ampla  programación que inclúe animación de rúa, obradoiros de debuxo, percusión e manualidades, música tradicional, cantos de taberna, contacontos, maxia, queimada popular e actividades de acceso libre  e gratuíto para público de todas as idades.

Poden consultarse todos os eventos, actuacións  e actividades na programación da Asociación Cultural Ateneo Corredoira de Combarro.

Colabora nesta iniciativa a Concellaría de Participación Veciñal, Transparencia e Espazos Cidadáns, a través da rede de espazos municipais REM.

 

  • Organiza: Asociación Cultural Ateneo Corredoira Combarro
Etiquetas: asociacións
Ábrese o prazo de información pública tras a aprobación inicial do Regulamento de Participación Cidadá