A asociación cultural Ateneo Corredoira de Combarro inclúe dentro da celebración da 40 semana cultural San Roque 2022, “Melodías e Movemento”, unha visita á Illa de Tambo.
A visita “Coñece a Illa de Tambo” tal como se anuncia na programación, terá lugar o sábado 20 de agosto. Porén, farase en horario de tarde. A hora aproximada de saída para visitar a illa será ás 17:00 h. e o regreso sobre as 19:30 h.
Esta actividade forma parte dunha completa programación: animación de rúa, obradoiros de debuxo, percusión e manualidades, música tradicional, cantos de taberna, contacontos, maxia, queimada popular, actuacións musicais… As actividades son de acceso libre e gratuíto, para público de todas as idades.
A excursión do sábado 20 consistirá nunha visita guiada de aproximadamente dúas horas de duración. Percorrerá o circuito que rodea a illa. Poderanse coñecer os puntos máis salientables, como a ermida, os restos do lazareto, o polvorín…
Tambo é o nome da illa que se atopa na ría de Pontevedra, a medio camiño entre Punta Chancelas (Poio) e o porto de Marín. Foi un lugar practicamente inaccesible para a cidadanía ao estar afectada para fins de defensa e xestionada polo Estado ata marzo deste ano.
Conta cunha superficie de 28 hectáreas, forma ovalada e un perfil case piramidal, alcanzando unha altura máxima de 80 metros sobre o nivel do mar.
Inscripción para visitar Tambo o día 20 de agosto. Semana Cultural San Roque 2022
Preinscripción
- Por teléfono : 649 863 222 (Tito) – vía WhatsApp
- Indicar: Nome e apelidos, número de D.N.I. e teléfono de contacto de cada unha das persoas que se anoten.
Reservarase praza segundo orde de inscripción ata completar aforo.
Confirmación
- A organización contactará coas 50 primeiras persoas que se anoten para confirmar a súa reserva de praza.
Colabora nesta iniciativa colectiva o Concello de Poio.
Coñece a Illa de Tambo, nesta visita guiada gratuita autorizada para público familiar de todas as idades.
A saída será desde o peirao da Canteira en Combarro. Normas e obligacións.
Esta actividade esta organizada pola asociación cultural Ateneo Corredoira dentro da programación da 40 edición da Semana Cultural de San Roque.
Podes acceder a outras modalidades e datas para coñecer a Illa de Tambo en www.turismodepoio.gal