Menú Cerrar
Encontro en Común da Contorna de Participación Veciñal Poio

A Contorna de Participación celebra a III Xornada en Común

15/12/2022
18:30 - 22:00
36163 Poio, Avda.Andurique, 1 (San Salvador) Palacete Besada (interior)
  • A concellaría de Participación Veciñal continúa desenvolvendo as Xornadas en Común, que xa impulsaron e activaron a Contorna Cidadá en Poio, cun evento colectivo para incorporar todas as entidades sen ánimo de lucro ao espazo web participaenpoio.gal
  • A web é o intrumento de comunicación para dar resposta de xeito integral á Participación Cidadá en Poio, e inclúe o repositorio da Rede de Espazos Municipais e o tecido asociativo do municipio.

 

POIO | A Contorna de Participación celebra a III Xornada en Común cun encontro no Palacete de Besada. O xoves 15 de decembro, as asociacións de Poio realizarán xunto coa concellaría de Participación Veciñal, Transparencia e Espazos Cidadáns un novo encontro presencial.

Un dos obxectivos do evento é levar a cabo a valoración anual e recoller propostas e suxestións para as accións a desenvolver no vindeiro ano. O encontro terá lugar durante unha xornada de portas abertas no recentemente inaugurado Palacete de Besada. Realizarase ao longo da tarde, das 18:30 en diante.

Xornada de traballo e convivencia do tecido asociativo

A xornada de traballo servirá para completar o ficheiro de entidades sociais na web www.participaenpoio.gal. Asemade, incorporaranse as novas asociacións rexistradas e darase asesoramento na actualización anual. 

Ademais de recoller as achegas dos colectivos mediante unha enquisa participativa, a III Xornada en Común terá tamén unha vertente lúdica. Coñecernos, comunicarnos e crear redes para potenciar o movemento asociativo, favorecer a participación cidadá e seguir construíndo un concello aberto. 

A día de hoxe, son 68 as entidades que están formalizadas no rexistro municipal de asociacións de Poio. O listado está dispoñible para consulta no Portal de Transparencia do Concello de Poio.

 

  • Organiza: Concellería de Participación Veciñal, Transparencia e Espazos Cidadáns
  • Teléfono: 986 770001, ext. 1252
Poio Planta Cara, A Pé de Rúa