O Espazo Municipal do Campo (REM) acolle a exposición “O Mar, fonte de vida”, da asociación cultural Ateneo Corredoira de Combarro.
A mostra, enmarcase na celebración da 40 semana cultural San Roque 2022, “Melodías e Movemento”, é un percorrido polas obras artesanais de Vicente Pérez, e ten como referencia o mar como orixe e fonte de inspiración.
A exposición poderá visitarse ata o 21 de agosto no horario da oficina de Turismo de Combarro.
Forma parte dunha máis ampla programación que inclúe animación de rúa, obradoiros de debuxo, percusión e manualidades, música tradicional, cantos de taberna, contacontos, maxia, queimada popular e actividades de acceso libre e gratuíto para público de todas as idades.
Poden consultarse todos os eventos, actuacións e actividades na programación da Asociación Cultural Ateneo Corredoira de Combarro.
Colabora nesta iniciativa a Concellaría de Participación Veciñal, Transparencia e Espazos Cidadáns, a través da rede de espazos municipais REM.