Menú Cerrar
Mulleres Poio. Día Internacional da Muller 2023

Homenaxe ás Mulleres de Poio 2023

10/03/2023
20:00 - 23:00
36163 Poio, Avda.Andurique, 1 (San Salvador) Palacete Besada

POIO | O  Consello Municipal da Muller, nun traballo conxunto das asociacións integrantes para a Homenaxe ás Mulleres de Poio 2023 , elaboraron unha listaxe de mulleres de Poio, visibles, empoderadas e iguais. Nesta edición resultaron escollidas cinco persoas, unha por cada parroquia do noso municipio. Serán homenaxeadas no acto institucional que terá lugar  no Palacete de Besada. A homenaxe celébrase o venres 10 de marzo.

Terá lugar nunha nova xornada de portas abertas do Palacete, das 20:00 en diante, no edificio recentemente remodelado na finca de Besada. O evento forma parte da programación deseñada polo CIM de Poio e a Concellaría de Igualdade, para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O programa inclúe sesións de contacontos en todos os centros escolares de Poio da man de Polo Correo do Vento.

Este evento,  aberto á participación de toda a cidadanía, contará tamén coas representantes do Consello Municipal da Muller. Estas colaboran  na organización xunto ao Cim de Poio e a Concellaría de Igualdade.

Presentación do libro Vivencias de Muller 2023 na Homenaxe ás Mulleres de Poio 2023

Consello Municipal da Muller de Poio
Sesión do Consello Municipal da Muller de Poio

Convídase tamén a asistir a todo o tecido asociativo e á Corporación Municipal. Participarán no recoñecemento ás mulleres de Poio pola súa traxectoria vital de loita e superación. A través das súas experiencias coñeceremos as historias das mulleres predecesoras que abriron camiño na consecución da igualdade. A súas vidas serán recollidas no libro Vivencias de Muller 2023. A publicación será presentada no acto de Homenaxe ás Mulleres de Poio 2023 e está financiado pola Deputación de Pontevedra. 

O mércores 8 de marzo, ás 13:00 ás portas do concello de Poio terá lugar o parón institucional para expresar o compromiso da administración local coa defensa dos dereitos das mulleres. A concellaría de Igualdade agradece a colaboración activa das asociacións de mulleres e o dinamismo do asociacionismo municipal. A día de hoxe, son 68 as entidades que están formalizadas no rexistro municipal de asociacións de Poio, algunhas das cales forman parte dos consellos municipais; estando activados o Consello de Participación Veciñal, o Consello da Muller, o Consello de Cultura e o Consello de Deportes. O listado de asociacións está dispoñible para consulta no Portal de Transparencia do Concello de Poio,

Pode obterse máis información sobre os colectivos e os espazos municipais de Poio visitando a web www.participaenpoio.gal

Mulleres de Poio. Día Internacional das Mulleres.

Deixa unha resposta