No Espazo Municipal Xaime Illa novo curso do Programa Saudemente
Clases de memoria e ximnasia para maiores de 60 anos
O Programa Saudemente, para maiores de 60 anos, inicia un novo curso da man da Concellería de Benestar Social. Cada clase consta de dúas partes, unha adicada ao coidado da memoria e outra de preparación física (ximnasia), mantendo o seu formato habitual.
En Raxó, terá lugar no espazo Centro Xaime Illa, sito en Rúa da Igrexa, 21 que forma parte da Rede de Espazos Municipais (REM) os martes e xoves en horario de tarde de outubro a xuño.
Martes : 16:00 a 18:00 horas
Xoves :16:00 a 18:00 horas
Inscrición:
Por teléfono: 986 872 401 // 986 770 001 – ext. 1400
De luns a venres de 08:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 h.
Comezo: 04 de outubro de 2022.
Actividade bonificada polo Concello de Poio.
Prezo: 10 euros /mes (pago a través de conta bancaria)