No Espazo Municipal Xaime Illa novo curso do Programa Saudemente
Clases de memoria e ximnasia para maiores de 60 anos
O Programa Saudemente, para maiores de 60 anos, inicia un novo curso da man da Concellería de Benestar Social. Cada clase consta de dúas partes, unha adicada ao coidado da memoria e outra de preparación física (ximnasia), mantendo o seu formato habitual.
En San Xoán, terá lugar no espazo A Reiboa, sito en Camiño Reiboa 6, PT-9- Seca que forma parte da Rede de Espazos Municipais (REM) os martes e xoves en horario de mañá de outubro a xuño. Nesta caso a clase de ximnasia ten lugar no Ximnasio Municipal que forma parte do complexo deportivo de Poio, “Miguel Anxo Pazos”.
Martes : 10:00 a 12:00 horas
Xoves :10:00 a 12:00 horas
Inscrición:
Por teléfono: 986 872 401 // 986 770 001 – ext. 1400
De luns a venres de 08:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 h.
Comezo: 04 de outubro de 2022.
Actividade bonificada polo Concello de Poio.
Prezo: 10 euros /mes (pago a través de conta bancaria)